DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 2025 Páx. 59866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 27 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente IN407A 2024/113 ATE).

Con data do 8 de maio de 2025, o Departamento Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA FRO803 no tramo entre os apoios número 38 e número 44 (Palas de Rei).

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do concello do Palas de Rei deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 13 de novembro de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 28 de novembro de 2024, para que comparezan o día 5 de febreiro de 2026 no concello de Palas de Rei sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado ás persoas interesadas mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello de Palas de Rei estará exposta a data do levantamento das actas. Todas as persoas interesadas, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poden ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todas as persoas interesadas que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, núm. 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 27 de outubro de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Referencia catastral

Cultivo

Nome e apelidos

Data das actas

Hora

Nº de predio

Pol.

Parc.

Lugar

2

77

59

Xestoso

Monte alto

José Cebral Ayude

5.2.2025

10.00

6

77

216

Madrileja

Monte alto e prado

Eladio Busto Lodeiro

10.30

10

77

213

Parceille

Prado

Hrdos. de Manuel Paredes Devesa

11.30

12

77

263

Xestoso

Monte alto

Jorge González Escariz

11.45

15

85

58

Tenzas

Monte alto

Eladio busto Lodeiro

10.30