DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 2025 Páx. 59870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 28 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Castroverde (expediente IN407A 2024/172-2 ATE).

Con data do 7 de maio de 2025, o Departamento Territorial de Lugo ditou resolución, pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada LMTA CRG805 de alimentación ao CT 27AS13 Bolaño (Castroverde).

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Castroverde deducida da que se someteu a información pública no xornal La Voz de Galicia do 29 de novembro de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 16 de decembro de 2024, para que comparezan o día 11 de febreiro de 2026 no Concello de Castroverde sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado ás persoas interesadas mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Cervantes estará exposta a data do levantamento das actas. Todas as persoas interesadas, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poden ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todas as persoas interesadas que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, núm. 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 28 de outubro de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Nº de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular proposto

Data das actas

Hora

4

82

376

Reboleiras

Monte alto

Hdros. de Manuel Eiras Rodríguez

11.2.2026

12.00

5

82

377

Reboleiras

Prado

Descoñecido

10

82

168

Vitureiras

Monte alto

Descoñecido

12

82

165

Lagoa

Monte alto

Descoñecido

13

82

133

Lagoa

Monte alto

Hdros. de Manuel Eiras Rodríguez

18

82

130

Lagoa

Monte alto

José Fernández Osorio

11.30

20

82

135

Lagoa

Monte alto

Hdros. de Amalia Madarro Fernández

12.15

23

82

138

Lagoa

Prado

Hdros. de Aurora Lage Valiño

25

82

144

Campa de Riba

Prado

Carolina Palmeiro Ferreiro

27

82

203

Lagoa

Prado

Magdalena Ferreiro Garrido

29

82

206

Lugar Bolaño

Prado

Rosa María Ferreiro Garrido