DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 2025 Páx. 59842

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 11 de novembro de 2025 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca un concurso público, por tramitación de urxencia, para unha praza de profesorado axudante doutor.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU); na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro), da Xunta de Galicia, e na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 7 de novembro de 2024, este reitorado, fai público que mediante a Resolución do 11 de novembro de 2025 se convoca un concurso público, por tramitación de urxencia, para a contratación de persoal docente e investigador na seguinte categoría:

• Profesor/a axudante doutor/a: 1 praza.

A información completa (bases de convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web da universidade:

https://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de novembro de 2025

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado