DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 2025 Páx. 60113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 29 de outubro de 2025, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización da parcela número 12 no dominio público portuario de Camariñas.

Ao quedar dispoñible a parcela número 12 no dominio público portuario de Camariñas, ábrese convocatoria pública para a súa ocupación, polo prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar a súa solicitude, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria; en todo caso, deberán acreditarse a data e hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A documentación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica de acordo cos artigos 14.2 e 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, para o que se empregará o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do prazo establecido e, en caso contrario, non será admitida, deberase emendar a súa presentación e tomarase como data de presentación a da emenda, co risco, no caso de trámites sometidos a prazos excluíntes, de perder o dereito ao trámite ou incluso o dereito ao seu favor que, de ser o caso, se poida ter obtido, no marco do procedemento de que se trate.

A Coruña, 29 de outubro de 2025

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro