Mediante a Orde do 14 de marzo de 2023, da Consellería do Medio Rural, nomeáronse Carlos Manuel Rodríguez Rodríguez e Juan Luis Calviño Testa presidente e vicepresidente, respectivamente, do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea.
O día 9 de outubro, Carlos Manuel Rodríguez Rodríguez presentou ante o Consello Regulador a renuncia ao seu cargo e desencadeouse así o procedemento para a súa substitución, que se recolle no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores.
Na reunión do Pleno do Consello Regulador que se desenvolveu o día 6 deste mes de novembro, acordouse elixir a Juan Luis Calviño Testa presidente deste organismo. Ao quedar así vacante a vicepresidencia, nun pleno realizado a continuación acordouse elixir a María José Reboredo Ferradás, vogal do Consello Regulador, para ocupar a vicepresidencia.
Por todo isto, de acordo co establecido no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro,
DISPOÑO:
Artigo único. Nomeamento do presidente e da vicepresidenta do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea
1. Noméase Juan Luis Calviño Testa presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea.
2. Noméase María José Reboredo Ferradás vicepresidenta do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2025
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
