De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a notificación do emprazamento para o trámite de audiencia á persoa interesada con DNI 76907353E, no recurso de reposición interposto no expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0033-2024.
O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.
A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar o que considera pertinente.
Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2025
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
