DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 2025 Páx. 60314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, no procedemento abreviado 450/2025.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 450/2025 (procedemento abreviado) interposto por Aránzazu Valtierra Darriba fronte á desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición interposto o 15 de xullo de 2025 contra a Resolución do 11 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación das persoas aspirantes seleccionadas (DOG núm. 116, do 19 de xuño de 2025).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos