DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 2025 Páx. 60317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, no procedemento abreviado 454/2025.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 454/2025 (procedemento abreviado) interposto por María José Freijeiro Alonso contra a Resolución do 19 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 11 de decembro de 2024 pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do persoal sanitario de formación profesional, convocados mediante a Resolución do 26 de decembro de 2022, relativos á baremación definitiva e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as, como consecuencia da execución do veredicto xudicial firme que afecta a dita resolución de convocatoria (DOG núm. 124, do 1 de xullo de 2025), na categoría de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos