Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA FRI801 no tramo entre os apoios número 62-42 e número 62-46, na casa do concello de Cortegada, segundo o calendario e o horario que se sinalan no anexo.
As persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer neste acto, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Ourense, 5 de novembro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Número de expediente: IN407A 2025/17-3.
Instalación: Regulamentación da LMTA FRI801 no tramo entre os apoios número 62-42 e número 62-46.
Concello: Cortegada.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Nº de predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Lugar da convocatoria |
Data |
Hora |
|
1 |
A Anovada |
32028A011001170000DB |
Descoñecido/a |
Casa do Concello de Cortegada |
16.12.2025 |
12.15 |
|
2 |
A Anovada |
32028A011002550001FY |
Miguel Ángel Castro Carpintero |
Casa do Concello de Cortegada |
16.12.2025 |
12.00 |
