En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondente ao expediente DH.A36.8344 e un máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2025
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións
e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titulares |
VMA (m³) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
DH.A36.8344 |
José Luis Magariños Pardal |
316 m³ |
Manancial |
Rega |
L: Senín |
|
DH.A36.12013 |
Obdulia Casal Aboy e María Luisa Cascallar Camiña |
2.523 m³ |
Manancial |
Rega |
L: Carballal |
