En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Asociación Administrativa de Cooperativa de SAU-I Polígono Industrial A Portela.
Expediente: DH.A36.111609.
Volume total anual: 149.000,00 m3/ano.
Destino: uso industrial.
Orixe: pozo en parcela 1183, polígono 35 do catastro de Cangas.
Lugar: A Madalena.
Parroquia: Darbo.
Concello: Cangas.
Descrición:
Preténdese construír un pozo barrena e bombear a auga a un depósito 960 m3 do que partirá unha rede de abastecemento do Polígono Industrial A Portela, situado nese lugar.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.
Vigo, 21 de outubro de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
