DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 2025 Páx. 60484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 7 de novembro de 2025, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se dá audiencia ás persoas interesadas no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia ás persoas titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante a visita da Inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se notifica ás persoas titulares dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial da Axencia de Turismo de Galicia de Lugo.

Lugo, 7 de novembro de 2025

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Signatura

Denominación

Titular

Enderezo

Localidade

V-LU-007739

Cayo Coco

Ediana Carolina Zambrano Quintero

Praza de España, 30

Ribadeo

V-LU-005249

Futura

Conde Beto, S.L.

Rúa Vilalba

Ribadeo

V-LU-007471

Adega Nicanor

La Ribanova, S.L.

Rúa Clemente Martínez Pasarón, 12

Ribadeo

V-LU-007646

Molino Pub

Catro Aspas, C.B.

Rúa Terra Grande, 5

Ribadeo