Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícase á persoa sinalada no cadro anexo a Resolución desta dirección territorial, do 9 de outubro de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada LMT BRT803, soterramento do tramo entre os apoios 105 e 112, no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2024/164-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 7 de novembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Malpica de Bergantiños
Regulamentación LMT BRT803, soterramento do tramo entre os apoios 105 e 112
|
Predio proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de solo pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Natureza do terreo |
||||
|
Apoio núm./CT |
Superficie (m2) |
ml. aér. |
ml. sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
|||||
|
3 |
Descoñecida |
15044A501012870000WB |
Devesas |
Apoio 3 |
2.0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío. Secaño. |
||||
