DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 2025 Páx. 60452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, de requirimento da folla de valoración para a determinación do prezo xusto pola imposición da servidume de paso relativa a unha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2021/109-ATE) (f. 114).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas o requirimento da folla de valoración para a determinación do prezo xusto pola imposición da servidume de paso relativa á instalación que se sinala no cadro anexo.

Lugo, 10 de novembro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de incremento dun circuito na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira

Concello: A Pastoriza.

Expediente: IN407A 2021/109-ATE (f. 114).

Núm.

Ref. catastral

Pol.

Parc.

Concello

Titular proposto

Tipo de cultivo

LATS sup. oc. perm. (m²)

CT sup. oc. perm. (m²)

114

27044F00200005

2

5

A Pastoriza

Hros. Lisardo Castro Ledo

Prado/labradío

286

114

27044F00200005

2

5

A Pastoriza

Gumersindo Castro Ledo

Prado/labradío

286