DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 2025 Páx. 60488

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira nunha praza de auxiliar administrativo.

Mediante a Resolución da Alcaldía 2025-0358, do 17 de novembro de 2025, acordouse nomear a Gabriel Román Radío, con DNI ***6212**, funcionario de carreira do Concello de Barro, para cubrir unha praza de auxiliar administrativo, pertencente á escala de Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de concurso-oposición, quenda libre, incluída na OEP do ano 2021, segundo a convocatoria publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 243, do 16 de decembro de 2024.

O que se fai público para os efectos do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e do artigo 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción provisional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Barro, 17 de novembro de 2025

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde