DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 2025 Páx. 60678

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025 pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de saúde laboral, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo).

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 24 de outubro de 2025 (DOG núm. 212, do 3 de novembro) ao que foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de saúde laboral, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG número 44, do 4 de marzo), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de saúde laboral, de acordo coa elección realizada.

Segundo. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 26 de novembro de 2025.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte (20) días hábiles.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo de un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Nº orde elección

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro de destino

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

1

***4819**

García Díaz, María

2

EIO291000027001012

Técnico/a de Saúde Laboral

EM

Centro Territorial do ISSGA en Lugo

Servizos Periféricos - Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Lugo

A2

22

394

2

***4976**

Bacaicoa Ripa, Silvia María

3

EIO291000032001011

Técnico/a de Saúde Laboral

EM

Centro Territorial do ISSGA en Ourense

Servizos Periféricos - Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Ourense

A2

22

394

3

***7242**

Gulías Sanmartín, Raquel

4

EIO291010136440020

Técnico/a de Saúde Laboral

EM

Centro Territorial do ISSGA en Pontevedra

Servizos Periféricos - Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Redondela

A2

22

394

4

***4235**

Neira Fernández, Laura

1

EIO291000015001017

Técnico/a de Saúde Laboral

EM

Centro Territorial do ISSGA na Coruña

Servizos Periféricos - Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

A Coruña

A2

22

394

Formacións específicas

Código

Descrición

394

Técnico de nivel superior de Prevención de riscos laborais nas súas tres especialidades: seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada (R.I.).