DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 2025 Páx. 60538

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2025 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 7 de xullo de 2025 pola que se adxudican as axudas da Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i.

A Orde do 26 de decembro de 2024 (DOG núm. 23, do 4 de febreiro de 2025), da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, estableceu as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e procedeu á súa convocatoria para o exercicio 2025.

A Resolución do 7 de xullo de 2025 (DOG núm. 135, do 16 de xullo) adxudicou as axudas de apoio á etapa predoutoral ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no seu anexo I.

O artigo 20 das bases da convocatoria establece que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á Secretaría Xeral de Universidades ou á Axencia Galega de Innovación, segundo corresponda, dentro do prazo máximo de 15 días desde que se produza, e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 10 de outubro de 2025. No mesmo artigo tamén se indica que para cubrir estas renuncias se seguirá a prelación das listas de espera definidas no artigo 11.7, tendo en conta que soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións e polo tempo restante de aproveitamento da axuda.

En consecuencia, atendendo á renuncia recibida na Axencia Galega de Innovación,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada pola entidade beneficiaria das axudas de apoio á etapa predoutoral para o ano 2025 correspondente á persoa seleccionada que se relaciona no anexo I.

Segundo. Adxudicar a axuda á entidade e á persoa candidata situada no primeiro lugar da lista de espera desta convocatoria, que se relaciona no anexo II.

Terceiro. Redistribuír os créditos da aplicación orzamentaria 07.A2.561A.403.0 para atender a solicitude que figura como suplente na Resolución do 7 de xullo de 2025, conforme o disposto no artigo 18 da convocatoria e no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, tal como se indica na seguinte táboa:

Aplicación orzamentaria

Acrónimo entidade*

Núm. axudas

Crédito (en euros)

2025

2026

2027

2028

2029

Total

07.A2.561A.403.0

IIM-CSIC

2

3.850,00

48.300,00

59.650,00

52.825,00

72.575,00

237.200,00

07.A2.561A.403.0

MBG-CSIC

2

7.700,00

52.000,00

61.300,00

53.450,00

64.750,00

239.200,00

07.A2.561A.443.05

CESGA

1

3.850,00

26.000,00

31.650,00

26.725,00

32.375,00

120.600,00

07.A2.561A.443.25

INIBIC

2

7.700,00

52.000,00

63.300,00

53.450,00

64.750,00

241.200,00

07.A2.561A.443.28

FIDIS

3

11.550,00

78.000,00

94.950,00

80.175,00

97.125,00

361.800,00

07.A2.561A.443.29

FBGS

2

7.700,00

52.000,00

53.300,00

53.450,00

64.750,00

231.200,00

Total

12

42.350,00

308.300,00

364.150,00

320.075,00

396.325,00

1.431.200,00

A relación de acrónimos das entidades solicitantes citadas na táboa anterior é a seguinte:

Acrónimo da entidade

Denominación completa

NIF

IIM-CSIC

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

Q2818002D

MBG-CSIC

Misión Biolóxica de Galicia do CSIC

Q2818002D

CESGA

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Computación de Galicia

G15852981

FBGS

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur

G36911972

FIDIS

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

G15796683

INIBIC

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC

G15335219

Cuarto. Declarar extinguida a lista de espera ao abeiro desta convocatoria.

Quinto. A data de comezo do novo contrato será o día 1 de decembro de 2025 e a súa duración será dun mínimo dun ano e dun máximo de catro.

Sexto. A entidade beneficiaria da nova axuda deberá remitir un escrito de aceptación da axuda á Axencia Galega de Innovación no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e vinculará a persoa seleccionada ao seu organismo mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 16 das bases da convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que esta se presentase ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
e presidente da Axencia Galega de Innovación
P.D. (Artigo 20 da Orde do 26.12.2024)
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Renuncia á axuda concedida

Núm. exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF/NIE

Zona estadía

Data da renuncia

IN606A-2025/005

IIM-CSIC

Rocha

Grandal

David

***6897**

2

16.7.2025

ANEXO II

Axuda da lista de espera concedida

Núm. exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF/NIE

Zona estadía

Puntuación

IN606A-2025/003

IIM-CSIC

Barreiro

Docío

Elisa

***6101**

2

79,7460