Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmanse da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración as persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Renovación de instalacións por fin da vida útil do apoio 9PFSDKOA//23 (LAMT TA2807, Arzón 7), no concello de Negreira (expediente IN407A 2023/435-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 11 de novembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/435-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Renovación de instalacións por fin da vida útil do apoio 9PFSDKOA//23 (LAMT TA2807, Arzón 7).
Concello: Negreira.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Taberna Vella |
Parcela: 30 Polígono: 246 |
Descoñecida |
28.11.2025 |
|
2 |
Campos |
Parcela: 514 Polígono: 513 |
María Josefa Negreira Suárez |
28.11.2025 |
