Convócanse as seguintes prazas para contratos de actividades científico-técnicas previstos no artigo 23.bis da Lei 14/2011, do 1 de xuño, a xornada completa; aplícase o Decreto 12/2024, do 11 de xaneiro:
– Unha de investigador/a posdoutoral en tecnoloxías de computación cuántica. Referencia: HPQC-QEX-25-INV1-TCC.
– Unha de investigador/a en tecnoloxías de computación cuántica. Referencia: HPQC-QEX-25-INV2-TCC.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
As bases dos procesos selectivos están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025
José Ignacio López Cabido
Xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
