A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o 22.10.2025, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle de ordenación de volumes no Complexo Deportivo Agra I e no IES Agra do Orzán, para as súas ampliacións. Xullo 2025, promovido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, redactado polo equipo redactor Terceroderecha Arquitectos, co número de COAG 20310, e asinado polo técnico Jorge Álvarez.
En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na epígrafe de publicidade oficial, taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información urbanística; na web de Urbanismo, na epígrafe de exposición pública, e no visor Desenvolvemento do PXOM 2013. Tamén se poderá consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 7 de novembro de 2025
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo,
Rehabilitación e Vivenda
