Na sesión que tivo lugar o 13 de novembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 3 de abril de 2025 (DOG núm. 69, do 9 de abril), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Declarar exentas da realización do terceiro exercicio todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, xa que teñen acreditado o nivel mínimo de coñecemento de lingua galega, de acordo co establecido nas bases da convocatoria.
Segundo. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Cuarto. Elevar a dita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.
Quinto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2025
Marta Lorenzo Carpente
Presidenta do tribunal
ANEXO
Proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro)
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
|
Nº orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***9576** |
Gómez Ouviña, Arturo |
Libre |
75,09 |
|
2 |
***9107** |
Castrillo Vasallo, María |
Libre |
72,65 |
|
3 |
***1266** |
Piñeiro Fernández, Sara |
Libre |
69,41 |
|
4 |
***2871** |
Caeiro Aguado, Jesús |
Libre |
67,37 |
|
5 |
***3732** |
Arufe Vázquez, Rosario |
Libre |
66,86 |
|
6 |
***9696** |
Graña Calvo, Lidia |
Libre |
65,73 |
|
7 |
***6359** |
Rajoy Fernández, Gabriel Eduardo |
Libre |
65,45 |
|
8 |
***4165** |
Ben García, Alba |
Libre |
62,29 |
|
9 |
***0263** |
Amado Núñez, María del Pilar |
Libre |
61,66 |
|
10 |
***9654** |
Piñón García, Laura |
Libre |
61,38 |
|
11 |
***3858** |
Varela Rodríguez, Lucía |
Libre |
59,24 |
|
12 |
***2489** |
Correa González, Ana María |
Libre |
58,46 |
|
13 |
***9330** |
Toucedo Bárcena, Alicia Fátima |
Libre |
56,29 |
|
14 |
***8902** |
Justo Sanmamed, Sonia |
Libre |
56,13 |
|
15 |
***9226** |
Rodríguez Lago, Almudena |
Libre |
54,04 |
|
16 |
***4070** |
Costa López, Virginia |
Libre |
52,93 |
|
17 |
***3975** |
Franco Doval, Cristina María |
Libre |
51,56 |
