Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Soterramento de vans da LMT CII-804 e RC.
Concello: Cangas.
Características técnicas:
– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 48 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/12 (nº 1) e final no apoio proxectado C-2000/12 (nº2) en fin de liña.
Retensado do van contiguo ao apoio proxectado C-1000/12 (nº 1) (61 metros de condutor LAC-28).
– Substitución do apoio 9RJRBJ3E//19-11-5 por un apoio C-1000/14, no cal se instala un reconectador telecontrolado.
– Retensado dos vans contiguos ao apoio proxectado C-1000/14 9RJRBJ3E//19-11-5 (115 metros de condutor LA-30).
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x240 mm² Al, de 151 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/12 (nº 2) mediante un paso aéreo subterráneo e final no centro de transformación Hío 36CK98.
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x150 mm² Al, de 204 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Hío 36CK98 e final no punto de acceso á rede proxectado sobre liña existente.
A instalación está situada en Hío e Darbo, no concello de Cangas.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.
Pontevedra, 5 de novembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Ponteveddra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2025/221-4.
Denominación: Soterramento de vans da LMT CII-804 e RC.
Concello: Cangas.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
|||
|
Pleno dominio (m²) |
Servidume |
|||||||
|
Apoio |
m² |
ml sub. |
m² sub. |
|||||
|
1 |
Xistro Cangas |
Rústico Agrario |
36008A015002540000JP |
Juan Otero Costas |
C-1000/12 |
2,0 |
- |
- |
|
2 |
Xistro Cangas |
Rústico Agrario |
36008A015002490000JG |
Gilberto Martínez Hermelo |
C-2000/12 |
2,0 |
5,0 |
15,0 |
|
3 |
A Barreira Darriba Cangas |
Rústico Agrario |
36008A020003740000JO |
María del Carmen Figueroa Piñeiro |
C-1000/14 |
2,0 |
- |
- |
