Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas os pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación LMTA DC CHA811-CHA813 apoios D2, D3, D9, D13 e D26 (Chantada), que se realizarán na casa do concello de Chantada, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e amosar o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade.
Lugo, 12 de novembro de 2025
Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/36 ATE.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Regulamentación LMTA DC CHA811-CHA813 apoios D2, D3, D9, D13 e D26 (Chantada).
Convocatoria para o pagamento dos prezos xustos no Concello de Chantada.
|
Concello |
Titular |
Data |
Hora |
Predio |
|
Chantada |
José Antonio Aguiar García |
19.2.2026 |
12.00 |
1 |
