DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 2025 Páx. 61018

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2025 pola que se nomean catedráticos e catedráticas de universidade (CU2401).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso por promoción interna convocados mediante a Resolución desta universidade, do 10 de xuño de 2025 (BOE do 23 de xuño), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberán efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 13 de novembro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

CU2401-C02-240-CU-TC-01

Corpo:

Catedráticos/as de universidade

Área de coñecemento:

A0240 Edafoloxía e Química Agrícola

Departamento:

D00C02 Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo

Centro de traballo:

101 Facultade de Ciencias

DNI:

***3524**

Nome e apelidos:

María Flora Alonso Vega

Código:

CU2401-T13-560-CU-TC-01

Corpo:

Catedráticos/as de universidade

Área de coñecemento:

A0560 Enxeñaría Telemática

Departamento:

D00T13 Enxeñaría Telemática

Centro de traballo:

305 Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

DNI:

***6550**

Nome e apelidos:

Manuel Caeiro Rodríguez

Código:

CU2401-X02-381-CU-TC-01

Corpo:

Catedráticos/as de universidade

Área de coñecemento:

A0381 Filosofía do Dereito

Departamento:

D00X02 Dereito Privado

Centro de traballo:

106 Escola Superior de Enxeñaría Informática

DNI:

***7224**

Nome e apelidos:

Ana Garriga Domínguez

Código:

CU2401-X09-095-CU-TC-01

Corpo:

Catedráticos/as de universidade

Área de coñecemento:

A0095 Comercialización e Investigación de Mercados

Departamento:

D00X09 Organización de Empresas e Márketing

Centro de traballo:

303 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

DNI:

***2865**

Nome e apelidos:

María del Carmen Otero Neira

Código:

CU2401-X09-095-CU-TC-02

Corpo:

Catedráticos/as de universidade

Área de coñecemento:

A0095 Comercialización e Investigación de Mercados

Departamento:

D00X09 Organización de Empresas e Márketing

Centro de traballo:

306 Facultade de Comercio

DNI:

***9979**

Nome e apelidos:

Pablo Cabanelas Lorenzo