DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 2025 Páx. 61134

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 18 de novembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de setembro de 2024 (DOG núm.191, do 3 de outubro) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre e de promoción interna no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo), de conformidade co disposto na convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar esta relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2025

Antía Tuñas Caamaño
Presidenta do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo)

Promoción interna:

Nº de orde

NIF

Apelidos e nome

Nota do
primeiro exercicio

Nota do
segundo exercicio

Nota do
terceiro exercicio

Total
puntuación

1

***0814**

Blanco Tojo, Raquel

36,25

32,37

Exento/a

68,62

Acceso libre:

Nº de orde

NIF

Apelidos e nome

Nota do
primeiro exercicio

Nota do
segundo exercicio

Nota do
terceiro exercicio

Total
puntuación

1

***5531**

Quintas Blanco, Paula

27,49

36,31

Exento/a

63,80

2

***6285**

Muíño Acuña, María Victoria

28,23

31,41

Exento/a

59,64

3

***6834**

Mellid López, María

27,65

30,72

Exento/a

58,37

4

***1126**

Rodríguez García, Naica María

28,40

28,38

Exento/a

56,78

5

***6250**

Penerbosa Ferreiro, Alba

30,64

25,03

Exento/a

55,67