Por Resolución de Alcaldía de data do 7.10.2025, resolveuse nomear coma policía local funcionario de carreira escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase: policía local, grupo: C1 praza vinculada á oferta de emprego público do ano 2024 deste concello, a Adrián González Huerta con DNI ***6443** ao superar o proceso selectivo para o ingreso nos corpos de policía local, escala básica, convocado por Orde do 31 de maio de 2024 (DOG nº 114, do 13.6.2024) e curso selectivo de capacitación para a categoría de policía, dos corpos de Policía de Galicia, convocado mediante Resolución do 4 de decembro de 2024.
Nomeamento do que se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra a resolución poden interporse os seguintes recursos:
Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.
Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta publicación, se non se interpuxese o de reposición. Se se interpuxese este último, o prazo de dous meses empezarán a contarse desde o día seguinte ao da notificación da resolución do recurso de reposición, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.
Calquera outro que considere conveniente, baixo a súa responsabilidade.
Tui, 3 de novembro de 2025
Enrique Cabaleiro González
Alcalde
