DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 2025 Páx. 61512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de novembro de 2025, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non se poder efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de fomento da mobilidade sostible. Itinerario peonil e ciclista na AC-213 na Telva, no concello de Culleredo, AC/20/009.06.1.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de fomento da mobilidade sostible. Itinerario peonil e ciclista na AC-213 na Telva (p.q. 1+840-2+340), clave AC/20/009.06.1, no concello de Culleredo.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 13 de novembro de 2025

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

AC/20/009.06.1

2

2045903N5924N0001WS

Descoñecida

AC/20/009.06.1

3

2045904N5924N0001AS

Descoñecida

AC/20/009.06.1

5

1945710NH5914N

B15680028

32760009M

32769617E