Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 3 de novembro de 2025, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:
Identificación e localización: parcela número 1048-9436 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, concello de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 1.469,34 m².
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).
Actuais titulares: Ramón Casais Sineiro (***0408**) e Ramona Fernández Vieites (***0512**).
Novo titular: José Ángel Casais Fernández (***5612**).
O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.
Vigo, 3 de novembro de 2025
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
