DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 2025 Páx. 61493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de novembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0204/2025-PPM e doce máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0204/2025-PPM e doce máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 13 de novembro de 2025

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

PSC-FE-0204/2025-PPM

58035327W

Inicio

PSC-FE-0206/2025-PPM

47438785C

Inicio

PSC-FE-0207/2025-PPM

79347179P

Inicio

PSC-FE-0209/2025-V

32652485Y

Inicio

PSC-FE-0210/2025-TRA

47377980G

Inicio

PSC-FE-0213/2025-V

79336564L

Inicio

PSC-FE-0214/2025-PRE

47354342X

Inicio

PSC-FE-0220/2025-V

52930987Y

Inicio

PSC-FE-0228/2025-TRA

76367989P

Inicio

PSC-FE-0229/2025-PRE

32831496P

Inicio

PSC-FE-0231/2025-PPM

54127021V

Inicio

PSC-FE-0236/2025-PRE

47354342X

Inicio

PSC-FE-0237/2025-V

39463791T

Inicio