BDNS (Identif.): 870672.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/870672
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea, ou asociado ao Espazo Económico Europeo, sempre que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e cuxo obxecto social lles permita a organización de actividades escénico-musicais.
Tamén poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións as asociacións en cuxo obxecto social se recolla a capacidade para desenvolver o obxecto desta axuda. Porén, non poderán ser persoas beneficiarias fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, distintas das asociacións anteriormente descritas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.
Segundo. Finalidade
Fixar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia competitiva, a festivais de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e aprobar a súa convocatoria para o ano 2026.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de música e convócanse para o ano 2026 (código de procedemento CT302F).
Cuarto. Importe
O crédito asignado ao financiamento destas axudas será de 80.000 € con cargo ao orzamento do ano 2026 da Axencia Galega das Industrias Culturais, no código de proxecto 2015 00003, nas aplicacións e contías que se reflicten no cadro seguinte:
|
Aplicación |
13.A1.432B.470.0 |
13.A1.432B.481.0 |
|
Contía |
40.000 € |
40.000 € |
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2025
José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega
das Industrias Culturais
