Este reitorado, no exercicio das competencias atribuídas polo artigo 50 da LOSU e o 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, fai público que mediante a Resolución do 19 de novembro de 2025 se convoca concurso público para a elaboración de bolsas de emprego nas áreas de coñecemento que se relacionan no anexo I.1 da citada resolución, en previsión de que resulte imprescindible cubrir necesidades docentes por razón de causas sobrevidas, urxentes e inaprazables.
A relación de bolsas de emprego convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/136506/carga.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatoriaspdi/bolsas-emprego
As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado
