DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 1 de decembro de 2025 Páx. 61579

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

EXTRACTO da Orde do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2026, destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B).

BDNS (Identif.): 871563.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/871563

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as entidades locais, propietarias de elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras na data de publicación desta orde. Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de entidades locais (agrupación, asociación, mancomunidade, consorcio, fusión ou calquera outra similar).

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento MT804B), destinadas ás entidades locais.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2026, destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B).

Cuarto. Contía

O importe asignado é de trinta mil euros (30.000,00 €), sen prexuízo do incremento orzamentario que se poida realizar con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde.

Sexto. Outros datos

As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que fosen realizados desde a certificación de non inicio ata o 15 de outubro de 2026.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2025

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático