DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 2 de decembro de 2025 Páx. 62108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 17 de novembro de 2025 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia nun expediente de reclamación de débeda por non pagamento dunha vivenda de promoción pública e outras causas (expediente LU-94501:73).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da notificación deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Fianzas e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

Acto obxecto de notificación

LU-94501:73

Euroinversiones del Noroeste J.Y.M., S.L. (B15845605)

Notificación da liquidación da débeda e, subsidiariamente, resolución do contrato correspondente á vivenda de promoción pública adquirida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo

Trátase dun acto de mero trámite polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non poderá interpoñerse ningún recurso.