Convocada pola Resolución do 25 de setembro de 2025 (DOG núm. 191, do 3 de outubro) a provisión do posto de xefe/a de Servizo de Persoal de Xestión e Servizos para o Servizo de Traballo Social da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto xefe/a de Servizo de Persoal de Xestión e Servizos para o Servizo de Traballo Social da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, convocada pola Resolución do 25 de setembro de 2025 (DOG núm. 191, do 3 de outubro).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo I desta resolución.
Terceiro. O/a aspirante nominado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2025
Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria
de Santiago de Compostela e Barbanza
ANEXO
Denominación do posto: xefe/a de Servizo de Persoal de Xestión e Servizos para o Servizo de Traballo Social.
Nome e apelidos: Ana Isabel Guillén Vilanova.
DNI (*): ***7196**.
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
