Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño) e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno
Tribunal titular
Presidencia: Isabel Fariña Negreira, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Secretaría: José Luis Soto Campos, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Vogais:
– Jorge Armando García Rodríguez, persoal funcionario da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno.
– María Yolanda Iglesias Lamas, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
– Rocío Castro Geada, persoal funcionario do corpo de xestión postal e de telecomunicación.
Tribunal suplente
Presidencia: Eva Veiga Aira, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
Secretaría: Miguel Ángel Palacios Rodríguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Vogais:
– Roberto Fariñas Vila, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
– Francisco José Dopazo Batalla, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
– Sonia Novas Rodríguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
