DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 2 de decembro de 2025 Páx. 61983

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se publica a concesión dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2024/25 en centros públicos de Galicia, convocados pola Orde do 26 de agosto (Diario Oficial de Galicia número 174, do 10 de setembro).

A Orde do 26 de agosto de 2025 (DOG núm. 174, do 10 de setembro) pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2024/25 en centros públicos de Galicia establece, no seu artigo 12, que unha vez efectuada a selección, o órgano instrutor elevará un informe-proposta á persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional, que resolverá, por delegación do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a adxudicación dos premios mediante a correspondente resolución para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro do artigo 13.3.

Unha vez publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas nos premios fin de carreira e visto o informe-proposta do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, órgano encargado da ordenación e instrución deste procedemento,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia, para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2024/25 en centros públicos de Galicia, ao alumnado que figura no anexo I desta resolución.

Segundo. Publicar no anexo II a listaxe das persoas que non obtiveron o premio fin de carreira, segundo as bases reguladoras da Orde do 26 de agosto de 2025.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas afectadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO I

Listaxe das persoas beneficiarias dos premios fin de carreira en ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia e contía

Modalidade de Arte Dramática

Apelidos e nome

NIF

Especialidade

Centro

Contía

Fernández Rodal, Sophia

***5817**

Interpretación (textual)

ESAD de Galicia

3.500 €

Modalidade de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Apelidos e nome

NIF

Especialidade

Centro

Contía

Quintás Rocha, Susana

***9564**

Escultura

ESCRBC de Galicia

3.500 €

Modalidade de Deseño

Apelidos e nome

NIF

Especialidade

Centro

Contía

Cabo Iglesias, Mateo

***8332**

Interiores

EASD Ramón Falcón

3.500 €

López Álvarez, María Esther

***8089**

Gráfico

EASD Ramón Falcón

3.500 €

Modalidade de Música

Apelidos e nome

NIF

Especialidade

Centro

Contía

Lafuente Carballeda, Andrea

***0227**

Interpretación (piano)

CMUS Superior da Coruña

3.500 €

Muñiz Pintos, Manuel

***4394**

Interpretación (piano)

CMUS Superior de Vigo

3.500 €

ANEXO II

Listaxe das persoas que non obtiveron o premio de fin de carreira con base no establecido na Orde do 26 de agosto de 2025

Modalidade de Arte Dramática

Apelidos e nome

NIF

Especialidade

Centro

Deus Bouzas, Beatriz

***2332**

Interpretación (xestual)

ESAD de Galicia

Modalidade de Deseño

Apelidos e nome

NIF

Especialidade

Centro

Canda Pazos, Noelia

***5378**

Produto

EASD Mestre Mateo

Carbia Rodríguez, Natividad

***4772**

Interiores

EASD Ramón Falcón

Fernández de la Torre, Diego

***7185**

Gráfico

EASD Pablo Picasso

García Flores, Nicolás

***0271**

Gráfico

EASD Pablo Picasso

García Moldes, Laura

***0570**

Gráfico

EASD Ramón Falcón

González García, Nuria

***3468**

Gráfico

EASD Pablo Picasso

Miraz Amenedo, Cristina

***0760**

Interiores

EASD Ramón Falcón

Monzón Rodríguez, David

***1990**

Interiores

EASD Ramón Falcón

Rodríguez Cancela, Sara

***0283**

Moda

EASD Mestre Mateo

Velasco Puime, Patricia

***8840**

Gráfico

EASD Antonio Faílde

Modalidade de Música

Apelidos e nome

NIF

Especialidade

Centro

García Tenreiro, Helena

***3600**

Interpretación (piano)

CMUS Superior da Coruña

Lago Nieto, Antía

***4461**

Interpretación (vento madeira, clarinete)

CMUS Superior de Vigo

Rodiño Mayán, Joel

***4993**

Interpretación (vento madeira, saxofón)

CMUS Superior da Coruña