DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 2 de decembro de 2025 Páx. 62079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello de Bande (expediente IN407A 2025/18-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Soterramento da LMT CCH802 no treito entre os apoios número 128 e 135, situada no concello de Bande, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, para solicitar a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 14 de novembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2025/18-3.

Instalación: soterramento da LMT CCH802 no treito entre os apoios número 128 e 135.

Concello: Bande.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data da acta de ocupación: 26 de setembro de 2025.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

1

Outeiro

32007A007000020000XI

Descoñecido/a

2

Labaza

32007B501000960000GG

Descoñecido/a