Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública da instalación que se sinala no cadro anexo.
Lugo, 17 de novembro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de: regulamentación LMTA PRS802 no tramo entre os apoios número 102 e número 110.
Concello: Pantón.
Expediente: IN407A 2024/175-ATE.
|
Nº predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Titular proposto |
Apoio (nº) |
Apoio (cant.) |
Sup. (m²) |
|
2 |
49 |
449 |
Bidueiras |
Monte alto |
Descoñecido |
103 |
1 |
2 |
|
3 |
49 |
452 |
Bidueiras |
Monte alto |
Descoñecido |
105 |
1 |
2 |
|
4 |
49 |
477 |
Bidueiras |
Prado |
Descoñecido |
106 |
1 |
2 |
