DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 2 de decembro de 2025 Páx. 62069

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2025 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir tres prazas da categoría profesional técnico/a especialista de escola infantil, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral, e se convoca ao primeiro exercicio.

Mediante a Resolución reitoral do 10 de xuño de 2025 (DOG do 23 de xuño e BOE do 3 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional técnico/a especialista de escola infantil, grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 1 de outubro de 2025 (DOG do 10 de outubro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado este prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio para a realización do primeiro exame (proba de lingua galega) da fase de oposición o día 17 de decembro, ás 10.00 horas, na aula seminario 0 (planta baixa) da Facultade de Dereito, avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase polo tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela