DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 2 de decembro de 2025 Páx. 62101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de outubro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.03358, outorgada o 20 de xaneiro de 2006, no concello de Fornelos de Montes (expediente DH.A36.110676).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Soutosico.

Expediente: DH.A36.110676.

Volume total anual: 4.575,06 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,40 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: sete (7) mananciais M1 a M7.

M1, M7 na parcela 1, polígono 15 do catastro de Fornelos de Montes.

M2, M3, M4, M5, M6 na parcela 3, polígono 5 do catastro de Fornelos de Montes.

Lugar: Soutosico.

Parroquia: Fornelos de Montes.

Concello: Fornelos de Montes

Descrición:

A auga das captacións condúcese a un depósito na parcela 137, polígono 16 do que parte unha rede de distribución ás vivendas que abastece a Comunidade no lugar de Soutosico (Fornelos de Montes).

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, sitas na rúa San Salvador, 2, 4º 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 16 de outubro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur