O día 7.11.2025 o presidente de Portos de Galicia acorda iniciar o trámite de modificación substancial por ampliación de superficie e de volume e novos usos da concesión administrativa outorgada á Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre, no porto de Maniños-Barallobre, con destino á ocupación de dominio público portuario en superficie para a construción dunha nave industrial e dunha parcela para a autoprestación de servizo de reparación de embarcacións e doce departamentos de usuarios para almacén de aparellos de pesca/marisqueo (expediente 12-28-24-C-1), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.
En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e as entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas, por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia empregando o
procedemento xenérico PR004A, e preferentemente por vía electrónica se se trata dun
suxeito non obrigado.
O prazo para presentar alegacións en competencia será de vinte (20) días hábiles,
contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de
Galicia.
A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal>Comunicacións e avisos>Procesos de información pública.
Lugo, 12 de novembro de 2025
Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte
