O artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.
O 1 de febreiro de 2024, o Consello da Xunta de Galicia acordou a aprobación do proxecto de trazado de actualización do proxecto de trazado para o acondicionamento da OU-540, treito Celanova-fronteira portuguesa (puntos quilométricos 29+000-71+910, de clave OU/19/178.10, nos concellos de Celanova, Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños e Verea, publicado no Diario Oficial de Galicia o 14 de febreiro de 2024 (DOG núm. 32 de febreiro). A aprobación definitiva deste proxecto por parte do Goberno galego comporta tamén a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios para executar esta obra, atendendo ao disposto no artigo 22 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.
A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento do 26 de abril de 1957.
En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante a Orde de 7 de setembro de 2017, sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG núm. 179, do 20 de setembro, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Verea e Bande, para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, en que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.
Termo municipal de Verea.
Lugar: Concello de Verea.
Datas: 3, 4 e 5 de marzo de 2026, das 9.20 ás 14.00 horas.
Termo municipal de Bande.
Lugar: Concello de Bande.
Datas: 10 e 11 de marzo de 2026, das 10.00 ás 14.00 horas.
A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos nos concellos de Vera e Bande, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense (rúa Saénz Díez, 1, 32003 Ourense), e publicaranse na seguinte ligazón da páxina web da consellería:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/avisos?content=aviso_0375.xml
Así mesmo, realizarase a convocatoria ao levantamento das actas previas mediante notificación individual as persoas interesadas.
Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por unha persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achegarán os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI...), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, a fin de realizar os sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria. Se o consideran oportuno, poderán ir acompañados, á súa custa, dos seus peritos e notarios.
Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo, unha vez levantadas as actas previas á ocupación, e habilitado o crédito oportuno, realizará o pagamento, mediante transferencia bancaria, do importe dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación. No suposto de non ter presentado o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos, conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.
En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, neste mesmo acto convócase ao acto de formalización das actas de ocupación, o cal terá lugar, logo de se producir o aboamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, no lugar e data que se indican:
Termo municipal de Verea.
Lugar: Concello de Verea.
Datas: 5, 6 e 7 de maio de 2026, das 9.20 ás 14.00 horas.
Termo municipal de Bande.
Lugar: Concello de Bande.
Datas: 12 e 13 de maio de 2026, das 10.00 ás 14.00 horas.
No mesmo acto ofertaránselles aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.
Este acordo faise público para o xeral coñecemento, advertindo os titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, non se admitirá a representación senón por medio dun poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, e que deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros e identificarse co documento nacional de identidade.
Ourense, 18 de novembro de 2025
Natalia Varela Casal
Xefa do Servizo Provincial de Ourense
