Expediente: IN407A 2022/436 modificado.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola 36CC70.
Concello: Redondela.
Advertido un erro no punto 3 das consideracións legais e técnicas da citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 57, do 24 de marzo de 2025, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 18745, onde di: «Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 237 metros, coa orixe no empalme coa LMTS RED 709 e final no centro de transformación (CT) proxectado en substitución do centro de transformación Reboreda Carambola. A segunda é de 237 metros, con orixe no centro de transformación proxectado en substitución do centro de transformación Reboreda Carambola e final no empalme coa LMTS RED 709».
Debe dicir: «Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 549 metros, coa orixe no empalme coa LMTS RED 709 e final no centro de transformación (CT) proxectado en substitución do centro de transformación Reboreda Carambola. A segunda é de 549 metros, con orixe no centro de transformación proxectado en substitución do centro de transformación Reboreda Carambola e final no empalme coa LMTS RED 709».
