No Boletín Oficial da provincia de Ourense nº 216, do 10 de novembro de 2025, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria dunha praza de peón/peoa de servizos para a súa contratación en réxime de persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición, de acordo coa oferta pública de emprego de 2024.
De conformidade co disposto no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, publícase o anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Padrenda, 12 de novembro de 2025
Manuel Pérez Pereira
Alcalde
