DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 3 de decembro de 2025 Páx. 62310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de outubro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Pazos de Borbén (expediente DH.A36.109601).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Juan Pazos, S.L.

Expediente: DH.A36.109601.

Volume total anual: 6.300,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 2,5 l/s.

Destino: uso industrial e abastecemento.

Orixe: un pozo e un manancial nas parcelas con referencia catastral 36037A029005850001YK e 36037A029005820001YF, respectivamente.

Lugar: A Igrexa.

Parroquia: Amoedo.

Concello: Pazos de Borbén.

Descrición: a auga bombéase desde ambas as captacións para o seu uso en aseos e no proceso industrial do serradoiro de pedra existente nas parcelas con referencia catastral 36037A029005850001YK e 36037A029005820001YF.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 27 de outubro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur