DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 4 de decembro de 2025 Páx. 62564

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental e se inicia o prazo para a elección de destino.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 11 de decembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 243, do 18 de decembro de 2024), habilitouse o prazo dun mes para que as persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o acceso á categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 4, do 5 de xaneiro de 2023), presentasen a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos da convocatoria.

A base novena da Resolución do 26 de decembro de 2022, de convocatoria do proceso selectivo de estabilización, dispón que as persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións.

A mesma base dispón que, comprobada a documentación de todas as persoas aspirantes seleccionadas, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas, as prazas que se lles oferten e o procedemento e o prazo para que estas manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, comprobada a documentación das persoas aspirantes e finalizados os prazos de impugnación administrativa contra a Resolución do 11 de decembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 243, do 18 de decembro), pola que se fai público o acordo do tribunal da categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental, relativo á baremación definitiva da fase de concurso, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. En cumprimento da base 9.2 da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 26 de decembro de 2022 para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental, excluír do proceso selectivo, quedando anuladas as súas actuacións e decaendo en todos os dereitos derivados da participación nel, as persoas aspirantes seleccionadas mediante a Resolución do 11 de decembro de 2024 que se relacionan a continuación por carecer dalgún dos requisitos para seguir participando neste proceso selectivo.

DNI

Apelidos e nome

Quenda

***5386**

CARBALLO OTERO, JUAN JOSE

LI

***9112**

VILA ESPIÑO, MARIA JOSE

LI

Segundo. Como consecuencia do decaemento no proceso selectivo das persoas aspirantes ás cales se refire a base anterior desta resolución, procede declarar como persoas aspirantes seleccionadas, na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental, logo de achegar a documentación exixida na base 9.1 da Resolución do 26 decembro de 2022, de convocatoria do proceso, ás persoas aspirantes que se relacionan a continuación:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

***6345**

DIEGUEZ RODRIGUEZ, MARIA

LI

***9593**

GARCIA RODRIGUEZ, MARIA NIEVES

LI

Terceiro. Publicar, como anexo I desta resolución, a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polos sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.

Cuarto. Aprobar a relación de destinos que se ofertan ás persoas aspirantes seleccionadas neste proceso e que figura como anexo II desta resolución.

Quinto. Abrir un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que as persoas aspirantes que constan nesta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas pola Resolución desta Dirección do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).

As persoas aspirantes que, neste prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarias de ningún polo que optasen, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Sexto. ras a finalización do prazo de selección de destinos, publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) un listado informativo de adxudicación de destinos.

Sétimo. As persoas aspirantes seleccionadas que tamén o sexan na mesma categoría no respectivo proceso de estabilización convocado polo sistema de concurso-oposición, no caso de que resulten adxudicatarios/as de destino en ambos os dous procesos, tras a publicación na páxina web do Servizo Galego de Saúde do listado informativo de adxudicación de destinos, disporán dun prazo de cinco días hábiles para optar por unha desas dúas prazas. A dita opción deberán formalizala por escrito nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixida á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

No caso de non manifestaren nada ao respecto no prazo indicado, entenderase que optan pola praza que deriva deste proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos.

Oitavo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Experiencia profesional

Formación e outras actividades

Coñecemento do galego

Puntuación total

1

***6345**

DIEGUEZ RODRIGUEZ, MARIA

LI

17,400

12,000

5,000

34,400

2

***9593**

GARCIA RODRIGUEZ, MARIA NIEVES

LI

13,300

12,000

5,000

30,300

Acceso: LI: libre

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

ANEXO II

Relación de destinos ofertados

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

Núm. prazas

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

2