O 17.1.2025 a Consellería de Economía e Industria resolveu declarar a condición de termal para uso lúdico das augas captadas do Pozo Baños de San Xusto, situado no termo municipal de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra.
Actualmente, este departamento territorial está tramitando a solicitude de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais procedentes do Pozo Baños de San Xusto, promovida polo Concello de Cerdedo-Cotobade, nas instalacións proxectadas na marxe esquerda do río Lérez, no lugar de Barbeitos, parroquia de Sacos (San Xurxo), no concello de Cerdedo-Cotobade.
De conformidade co disposto no punto 2 artigo 9 da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia,
ACORDO:
Someter a información pública a solicitude de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais procedentes do Pozo Baños de San Xusto, no concello de Cerdedo-Cotobade, coas seguintes características:
Nome: Pozo Baños de San Xusto.
Promotor: Concello de Cerdedo-Cotobade.
Recurso: augas termais para uso lúdico.
Concello: Cerdedo-Cotobade.
Situación: coordenadas UTM (ETRS89) fuso 29:
|
X |
Y |
|
539.924,178 |
4.707.601,220 |
O que se fai público para coñecemento xeral e, en particular, das persoas propietarias de terreos, bens e dereitos comprendidos no perímetro de protección, para que poidan examinar a documentación e, de ser o caso, presentar as súas alegacións dentro do prazo de 30 días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación poderase consultar nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, núm. 43, 5º andar, 36071 Pontevedra) e a través da seguinte ligazón da web da Consellería de Economía e Industria:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/entramitacion/explotacions-mineiras
Pontevedra, 11 de novembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
