De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
O acto foi adoptado polo director territorial.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias do Departamento Territorial de la Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, sitas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido este prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 21 de novembro de 2025
José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: MON-OU-0083/2024-IO-CSA.
DNI da persoa interesada: 76721475F.
Acto de notificación: requirimento previo á multa coercitiva.
