DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 5 de decembro de 2025 Páx. 62914

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación para a execución dunha praza pública no lugar da Igrexa, parroquia de San Xurxo de Sacos.

Por unanimidade dos membros do Pleno do Concello, na sesión extraordinaria urxente do 12 de novembro de 2025, adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación para a execución dunha praza pública no lugar da Igrexa, San Xurxo de Sacos, polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos incluídos no ámbito determinado no proxecto.

Segundo. Someter o proxecto de expropiación por taxación conxunta a información pública polo período dun mes, mediante un anuncio no taboleiro de anuncios do concello, no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que considere convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. Ademais, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (enderezo https://concellodecerdedocotobade.sedelectronica.gal).

Terceiro. Notificar este acordo aos propietarios e titulares de dereitos afectados, achegando coa notificación a súa respectiva folla de valoración e a proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Relación de bens afectados:

Situación: A Igrexa, parroquia San Xurxo de Sacos.

Núm. de parcela catastral: 2373.

Polígono catastral: 3.

Concello catastral: Cerdedo-Cotobade.

Referencia catastral: 36012A003023730000ZY.

Titular: herdeiros de Dolores Pintos.

Superficie que se debe expropiar: 178 m2.

Valor unitario: 3,593 €/m2.

Total: 639,72 €.

Cerdedo-Cotobade, 12 de novembro de 2025

Jorge Cubela López
Alcalde