DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 5 de decembro de 2025 Páx. 62779

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña (AP), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 20 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 26 de novembro 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 6 de outubro de 2025 (DOG núm. 197, do 13 de outubro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña (AP), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 220, do 20 de novembro),

ACORDOU:

De conformidade co disposto na base 2.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 13 de decembro de 2025, nas aulas 17, 18 e 19 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de cor azul ou negra non borrable.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que poida valerse a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2025

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal